17 de Maio, dia das letras galegas
Valentín Paz Andrade
Homenaxeado Ano 2012
Avogado, escritor e activista político, Valentín Paz Andrade naceu o 23
de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra). Faleceu o 19 de abril de
1987.
Estudiou Bacharelato en Pontevedra. Posteriormente
estudiou Dereito en Santiago. Ó remata-los seus estudios dirixe o diario
'Galicia', no que tamén colaboran Castelao, Risco, Maside e Vilar Ponte.
En 1924 Valentín é condenado a un mes de cárcere polo
carácter dos seus artigos. En 1931 foi candidato a Deputado por Pontevedra nas
Cortes Constituíntes.
Despois do alzamento militar contra a República é
desterrado a Verín e a Serra de Queixa. Posteriormente é confinado a Villanueva
de la Serena (Extremadura).
En 1939 casou con Pilar Rodríguez de
Prada. En 1942 empezou a dirixi-la revista Industrias Pesqueras e en 1950
viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego.
En 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega co
discurso titulado A Galeguidade na obra de Guimaraes Rosa.
Despois da morte de Franco, formou parte da 'Comisión
dos 10' da oposición democrática (con Cañellas, Felipe González, Tierno
Galván, etc). En 1977 foi elexido Senador por Pontevedra, dentro da Candidatura
Democrática Galega.
Valentín Paz Andrade publicou numerosos artigos periodísticos.
Como xurista amosou a súa preocupación pola realidade socio-económica de
Galicia en obras como Pranto matricial, Galicia como tarea, Sementeira do
vento, La marginación de Galicia, El capital como factor del desarrollo de
Galicia, El sistema económico de la pesca en Galicia, Producción y fluctuación
de las pesquerías, Los derechos sobre el espacio marítimo.
A súa personalidade polifacética levouno tamén a
publicar algunhas obras de poesía como Pranto matricial (1954), Sementeira do
vento (1968), Cen chaves na sombra (1979) e ensaios como La Anunciación de
Valle Inclán (1967), Transferencias etnológicas de Galicia en el Brasil
Ulterior (1976), e A galecidade na obra de Guimaraes Rosa (1978).
Paz Andrade
amosa tamén a súa preocupación política en obras como O modelo federal para a
constitución do Estado galego y Testimuñas e prespectivas de homenaxe ao
Seminario de Estudos Galegos (1978). Ademais publicou a biografía máis
importante que existe sobre Castelao titulada Castelao na luz e na sombra (1982).
Enlaces Relacionados:
No hay comentarios:
Publicar un comentario