jueves, 16 de mayo de 2013

Día das Letras Galegas 2013, dedicado a Roberto Vidal Bolaño




El próximo 17 de mayo se celebra como todos los años el Día das Letras Galegas, dedicado esta vez a Roberto Vidal Bolaño, de quien encontrarán amplia referencia en el estudio que la Real Academia Galega dedica en su sección de Figuras homenaxeadas desde 1963 a su persona, historia y escritos.
A continuación transcribimos un documento singular.

MARZO DE 1963
A historia do Día das Letras Galegas comeza formalmente en marzo de 1963, cando tres membros numerarios da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, envían unha carta ao presidente da institución, Sebastián Martínez Risco, coa seguinte proposta: Con motivo de se celebrar no presente ano o centenario da pubricación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, os membros numerarios que subscriben someten á consideración da xunta xeneral da Real Academia Gallega, a seguinte proposta:
1.º Todos sabemos que o libro rosalián editado en 1863, ten sido a primeira obra mestra con que contou a literatura galega contemporánea. A súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria. Representa, pois, un fi to decisivo na historia da renacenza cultural de Galicia. 2.º A celebración do centenario diste acontecemento, convida a reconsiderar o signifi cado da mensaxe transmitida nos Cantares. Unha mensaxe que, tanto como espírito e pobo, tanto como universalismo e galeguidade, foi, esteticamente, un mensaxe de palabra
e poesía.
3.º Velaí por qué, ademais dos actos conmemorativos que se organicen para reactualizar na conciencia das xentes o acento de tal mensaxe, a Academia —como órgano oficial da nosa cultura— debería consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
4.º O mellor xeito de o conseguir sería que acordase decrarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, a partir do presente. Contaríase así, para o porvir, cunha xornada ofi -
cialmente adicada a honrar ós nosos libros. O día 17 de maio de cada ano viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade intelectual galega.
5.º Ninguén descoñece que o libro ten unha forza simbólica extraordinaria. Sendo a amosa máis reveladora do nivel cultural dos pobos, non é de estrañar o afán de esparexelo e de lle abrir camiños para ensanchar o ámpido dos seus lectores…
Pouco tempo despois, o 28 de abril dese mesmo ano ten lugar unha xunta ordinaria da Institución [...]. O secretario deu a coñecer unha interesantísima proposición… Na súa vista, a asemblea acordou declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, a partir do presente que esta Corporación celebrará coa máxima solemnidade, recabando, como se solicita, a colaboración das institucións culturais do país e a de todos os Centros Galegos do mundo para o maior realce de tan sinalada efeméride.

Enlaces para ampliar el conocimiento sobre el homenajeado por la Real Academia Gallega, en 2013: Roberto Vidal Bolaño
http://www.realacademiagalega.org/letras-actual

No hay comentarios:

Publicar un comentario